O alumnado de modular, presencial e distancia, con módulos superados o curso 24/25 ou en cursos pasados (que non sexa alumnado de nova incorporación) ten dúas opcións: pode seguir cursando o ciclo polo plan de estudos anterior ou plo novo plan.
Se decide seguir polo plan anterior NON TEN QUE MATRICULARSE DOS MÓDULOS NOVOS QUE SE OFERTAN. Só terá que matricularse de Itinerario persoal para a empregabilidade I (antes, FOL) e Itinerario persoal para a empregabilidade II (antes, EIE) en caso de que os teña pendentes de aprobar e quera cursalos no 2025-2026. Por tanto, este alumnado NON TERÁ QUE MATRICULARSE DE:
- Inglés profesional
- Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
- Dixitalización
- Inglés profesional
- Habilidades comunicativas
- Afondamento en competencias profesionais
- Proxecto intermodular
