ADMISIÓN (24 xuño ao 4 xullo):
Para alumnado de 1º Ordinario e para todo o alumnado de Modular e Distancia: debedes SOLICITAR ADMISIÓN (prazo desde o 24 de xuño ás 9:00 ao 4 de xullo ás 13.00) e logo esperar á ADXUDICACIÓN (a primeira é o 17 de xullo). No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE. Consulta o calendario para máis información.
A solcitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info aquí. Podes consultar este titorial para aprender a facer a solicitude de admisión.
Para alumnado de 2º de ordinario: tedes reservada a praza para continuar o ciclo. Debedes matricularvos nos prazos que vos indicaron desde titoría (en caso de dúbida, preguntade en conserxería). Se procedes doutro centro, debes presentar a solicitude e esperar á data de adxudicación (no caso de que queden vacantes trala matrícula do alumnado do centro).
Consulta as nosas recomendacións se é a primeira vez que queres matricularte no CS de Son a Distancia.
1ª ADXUDICACIÓN DE PRAZAS (17 xullo ao 22 de xullo):
Neste prazo é cando debes matricularte. En caso de terte adxudicado unha praza no ciclo que solicitaches, NESTA DATAS É CANDO DEBES MATRICULARTE. Se non o fas dentro do prazo, (remata ás 13:00 horas do luns 22 de xullo), perdes xa o dereito a facelo posteriormente.
Podes realizar a reserva ou matrícula vía web, sen necesidade de vir ao centro, seguindo as seguintes instrucións.
Tamén poden existir prazas liberadas no noso centro. O prazo para solicitalas e matricularte remata tamén ás 13:00 horas do luns 22 de xullo.
En canto ao máster de FP (Curso de Esp. en Audiodescrición e Subtitulado), se tes unha praza adxudicada debes matricularse NESTE PRAZO do 17 ao 22 de xullo. Para este máster, tamén poden quedar prazas liberadas. O prazo para solicitalas e matricularte remata tamén ás 13:00 horas do luns 22 de xullo.
Para acceder ao curso de especialización requírese inicialmente ter superado o CS de Realización ou o CS de Produción, pero sempre quedan prazas liberadas, polo que podedes acceder tendo cursado outros ciclos incluso aínda tendo pendente a realización do módulo de FCT ou de Proxecto.