Preinscrición

Para realizar estudos no noso centro é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Para alumnado de 1º Ordinario e para todo o alumnado de Modular e Distancia: debedes SOLICITAR ADMISIÓN e logo esperar á ADXUDICACIÓN (a primeira é o 19 de xullo). No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE. Consulta o calendario.

Info para solicitar admisión (prazo desde o 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13.00). A solcitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info aquí. Podes consultar este titorial para aprender a facer a solicitude de admisión.

Para alumnado de 2º de ordinario: tedes reservada a praza para continuar o ciclo. Debedes matricularvos nos prazos que vos indicaron desde titoría (en caso de dúbida, preguntade en conserxería). Se procedes doutro centro, debes presentar a solicitude e esperar á data de adxudicación (no caso de que queden vacantes trala matrícula do alumnado do centro)

Consulta as nosas recomendacións se é a primeira vez que queres matricularte no CS de Son a Distancia.