Se desexas obter o título de técnico ou de técnico superior en formación profesional, podes participar nestas probas que se convocan anualmente. Ofrecen a oportunidade de obter directamente o título, sen a necesidade de cursar un un ciclo formativo en calquera das súas modalidades.
Requisitos xerais de acceso
Poderás formalizar a matrícula nestas probas sempre que cumpras cos requisitos académicos que permiten cursar estas ensinanzas, basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Podedes atopar máis información na web da Consellería de Educación, Universidade e FP
Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Calendario de probas libres 2023-2024
Período de matriculación para o alumnado: do día 14 ás 9:00 horas ao 21 de maio ata as 13:00 horas no centro no que teña a praza adxudicada