Admisión e matrícula

Curso 2025-2026

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (16 xuño ao 2 xullo):

Para solicitar admisión en 1º Ordinario ou para a oferta Modular e Distancia: debedes facelo A TRAVÉS DO ASISTENTE INFORMÁTICO (prazo desde o 16 de xuño ás 9:00 ao 2 xullo ás 13:00 horas) e logo esperar á ADXUDICACIÓN (a primeira é o 15 de xullo). No caso de conseguir a adxudicación, entón será o momento de MATRICULARSE. Consulta o calendario para máis información.

A solcitude faise online e tedes que fixarvos no documento final se debedes presentar algunha documentación no instituto ou non (na maioría dos casos non tedes que presentar nada máis e todo é online). Máis info aquí.

Para solicitar admisión en 2º de ordinario: o alumnado que fixo 1º en ordinario no noso centro ten reservada a praza para continuar o ciclo (tamén se repites curso, pero soamente se é a primeira vez que repites neste centro e ciclo). Debedes matricularvos ENTREGANDO A SOLICITUDE EN CONSERXERÍA OU SECRETARÍA (anexo I). Prazo: ata o 2 de xullo, ás 13:00.

Se procedes doutro centro ou ben de ter cursado na oferta modular -presencial ou distancia- ou en dual intensiva, ou tamén se repites por segunda vez, debes presentar a solicitude e esperar á data de adxudicación (no caso de que queden vacantes trala matrícula do alumnado que procede do 1º curso da oferta ordinaria do centro).

Consulta as nosas recomendacións se é a primeira vez que queres matricularte no CS de Son a Distancia.

MATRÍCULA DA 1ª ADXUDICACIÓN DE PRAZAS (15 xullo ao 18 de xullo):

En caso de terte adxudicado unha praza no ciclo que solicitaches, NESTA DATAS É CANDO DEBES MATRICULARTE. Se non o fas dentro do prazo, (remata ás 13:00 horas do 18 de xullo), perdes xa o dereito a facelo posteriormente.

PRAZAS LIBERADAS:

Tamén poden existir prazas liberadas no noso centro. O prazo para solicitalas pode comezar en calquera momento a partir da 1ª adxudicación, dependerá de se quedan vacantes nalgún ciclo (normalmente, non hai prazas liberadas en oferta ordinaria, pero si pode habelas en modular presencial e distancia e tamén no CE de Audiodescrición e Subtitulación)

MÁSTER FP/CE DE AUDIODESCRICIÓN E SUBTITULACIÓN:

Os prazos de solicitude e matrícula son os mesmos ca para os ciclos formativos. Pero neste caso, solo podes solicitalo e matricularte na 1ª adxudicación se tes algún destas dúas titulacións:

  • CS de Realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos
  • CS de Produción de audiovisuais e espectáculos

Normamente, trala 1ª adxudicación, ábrese o prazo de PRAZAS LIBERADAS e nese momento, tamén podes solicitar o acceso tendo outras titulacións:

  • Os demais ciclos superiores da familia de Imaxe e Son ou estudantes destes ciclos que teñan solo pendente de realizar a FCT e/ou Proxecto
  • Titulacións universitarias relacionadas co ámbito (traducción e interpretación; comunicación audiovisual, etc)
  • Outras persoas sen titulación pero con competencias no ámbito

Máis info aquí.

Aclaración: Se cursas este máster sen contar cun título superior, obterás unha certificación académica de realización con aproveitamento en substitución do título de máster de FP. Se obtés con posterioridade o título de técnico superior antes da avaliación final do curso 2025-2026 poderáseche recoñecer o título máster.

AVISO IMPORTANTE!!!

O alumnado de modular, presencial e distancia, con módulos superados no curso 24-25 ou en cursos pasados (que non sexa alumnado de nova incorporación) ten dúas opcións: pode seguir cursando o ciclo polo plan de estudos anterior ou plo novo plan.

Se decide seguir polo plan anterior NON TEN QUE MATRICULARSE DOS MÓDULOS NOVOS QUE SE OFERTAN. Só terá que matricularse de Itinerario persoal para a empregabilidade I (antes, FOL) e Itinerario persoal para a empregabilidade II (antes, EIE) en caso de que os teña pendentes de aprobar e quera cursalos no 2025-2026. Por tanto, este alumnado NON TERÁ QUE MATRICULARSE DE:

  • Inglés profesional
  • Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
  • Dixitalización
  • Inglés profesional
  • Habilidades comunicativas
  • Afondamento en competencias profesionais
  • Proxecto intermodular
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.