A FP faise en directo… e é noticia

18/12/2025

A prensa recolle o proxecto do CIFP Audiovisual de Vigo no que o alumnado realiza retransmisións reais para dar a coñecer a FP galega desde a propia FP, en colaboración con outros centros do sur de Galicia. Podes ver o artigo AQUÍ

Formación práctica, innovación e visibilidade para as familias profesionais.

01/12/2025

Públicase no taboleiro do centro a listaxe provisional das axudas económicas concedidas para o alumnado matriculado no período outubro/decembro de 2025.

28/11/2025

Prazo xeral: 1-15 decembro

Prazo para o alumnado matriculado no 1º trimestre que suspenda o Proxecto: 16-19 decembro

09/10/2025

ublícase no taboleiro do centro a listaxe provisional de axudas económicas concedidas para as FCT dos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo, abril-xuño e DUAL 2025.

Para consultar a listaxe, acude ao taboleiro do centro.

26/09/2025

Xa está dispoñible o horario do C.E. Audiodescrición e Subtitulación. Pódese consultar no seguinte enlace e tamén estará publicado no foro de titorías da plataforma de FP a distancia:

Información destacada:

  • O período lectivo desenvolverase do 6 de outubro ao 15 de maio.
  • A presentación do curso será o 6 de outubro ás 17:15 e as clases comezarán ese mesmo día ás 18:45.
  • O período de formación en empresas terá unha duración de 125h e poderá realizarse entre o 18 de maio e o 15 de xuño.
  • Datas de avaliación:
    • 1ª avaliación: 1 de decembro
    • 2ª avaliación: 6 de marzo
    • Avaliación final: 22 de xuño

Xa están dispoñibles os horarios das probas presenciais para o alumnado da modalidade a distancia dos ciclos de Son e Realización.

Podes consultalos nos seguintes enlaces e tamén estarán publicados no foro de titorías da plataforma de FP a distancia:

11/09/2025

Publícase no taboleiro do centro a listaxe provisional de axudas económicas concedidas para as FCT dos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo, abril-xuño e DUAL 2025.

📅 Prazo de reclamación: do 11 ao 20 de setembro de 2025.

Para consultar a listaxe, acude ao taboleiro do centro.

08/09/2025

Aquí, xa podes consultar os horarios de todos os ciclos formativos para o curso académico 2025-2026 no noso centro.

15/07/2025

🗓️ Do 15 ao 18 de xullo (ata as 13:00 h)

Se che foi adxudicada unha praza no ciclo que solicitaches, debes formalizar a matrícula nestas datas.
⚠️ Se non a realizas dentro do prazo, perderás o dereito a matricularte posteriormente.

ℹ️ Máis información dispoñible na sección Admisión e Matrícula 2025-2026 da nosa web.

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.