PRAZAS LIBERADAS: oferta modular, distancia e Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación

02/09/2025

MODULAR PRESENCIAL E DISTANCIA:

Aínda temos vacantes na maioría dos módulos da oferta modular tanto presencial como a distancia, aínda que cada día vanse agotando, xa que se adxudican por orde de solicitude. Debes acudir ao centro a entregar a túa solicitude.

MÁSTER DE FP / C.E. EN AUDIODESCRICIÓN E SUBTITULACIÓN:

Non perdas a oportunidade de matricularte no único Máster de FP da familia profesional de Imaxe e Son!!

Somos o único centro de Galicia que o oferta! Agora podes facelo se tes calquera dos títulos superiores de Imaxe e Son e tamén desde ciclos doutras familias. Incluso podes matricularte no Máster aínda que non remataras o ciclo superior por estar pendente de superar a FCT e/ou o Proxecto. Podes facelo de forma simultánea. Este curso comeza a mediados de outubro. Máis info aquí

Cubre a solicitude e entrégaa no centro . As prazas adxudícanse por orde de entrada. Tamén podes enviala a este correo en caso de que non poidas acudir ao centro: administracion.cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal

CICLOS DE OFERTA ORDINARIA (tamén grupos de tarde):

  • Luns, 8:
    • Lugar: Teatro
    • 10.30: grupos de 1º 
    • 12:00: grupos de 2º
  • Martes, 9: clases en horario normal

CICLOS DE OFERTA MODULAR + SON DUAL INTENSIVA:

  • Martes, 9:
    • Lugar: Teatro
    • 16.30: Modular presencial 
    • 17:30: Distancia
    • 19:00: 2º de Son Dual
  • Mércores, 10: clases en horario normal

28/07/2025

Non perdas a oportunidade de matricularte no único Máster de FP da familia profesional de Imaxe e Son. Somos o único centro de Galicia que o oferta! Agora podes facelo se tes calquera dos títulos superiores de Imaxe e Son e tamén desde ciclos doutras familias. Incluso podes matricularte no Máster aínda que non remataras o ciclo superior por estar pendente de superar a FCT e/ou o Proxecto. Podes facelo de forma simultánea. Máis info aquí

Cubre a solicitude e entrégaa no centro (antes do 31 de xullo ás 13.00). As prazas adxudícanse por orde de entrada. Tamén podes enviala a este correo en caso de que non poidas acudir ao centro: administracion.cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal

17/07/2025

Consulta aquí a info sobre as prazas nas que te podes matricular directamente no centro, sen ter sido solicitadas na aplicación. Quedaron algunhas prazas en ciclos de modular presencial e distancia

Respecto ao Curso de Especialización / Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación, agora podes matricularte en prazas liberadas ainda que non teñas o título de Realización ou Produción. Lembra que podes facelo se tes algún ciclo superior, ou mesmo se che queda solo a FCT ou Proxecto dese ciclo superior.

Debes solicitar a praza liberada de forma PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 9.00 a 14.00. Adxudícanse por orde de chegada.

29/07/2024

Se enviastes o IBAN antes do 16 de xullo: podes xa asinar a documentación no instituto

Se non enviastes o IBAN: tedes que asinar a documentación en setembro, do día 2 ao día 9.

Resume publicación de axudas concedidas:

Publicación no centro da listaxe provisional: 10 de setembro 

Prazo de reclamacións: 11 de setembro ao 20 de setembro 

Publicación no centro da listaxe definitiva: 21 de setembro

24/07/2024

Nova publicación de prazas liberadas!

No caso do noso centro, NON hai vacantes na oferta ordinaria, pero si no CS de SON DUAL INTENSIVA.

Si temos prazas nalgúns módulos dos ciclos de Modular Distancia (tanto en Realización coma en Son), así como nos tres ciclos de Modular Presencial (estaban adxudicadas todas, pero houbo quen non reservou nin se matriculou, polo que se liberaron esas prazas). Hai poucas vacantes en modular presencial e se asignarán por orde de chegada ao centro.

Matricúlate canto antes, porque as prazas se asignan por orde de chegada e a solicitude debe ser presencial (se non podes facelo persoalmente, podes autorizar a alguén para que o faga, cun documento asinado e copia do DOI). Prazo ata o 31 de xullo, ás 13.00.

Tamén hai vacantes no CE de Audiodescrición e Subtitulación (Máster de FP): agora podes matricularte se tes calquera título de FP ou universitario, sempre que teñas o perfil axeitado (competencias básicas para poder facer o curso). Incluso podes facelo se tes pendente de realizar unicamente o Proxecto ou a FCT doutro ciclo superior (poderías solicitar a simultaneidade en setembro, para matricularte tamén da FCT ou do Proxecto do outro ciclo)

19/07/2024

Acaba de publicarse a oferta de prazas liberadas (vacantes nas que te podes matricular agora directamente). Toda a info neste enlace

No caso do noso centro, NON hai vacantes na oferta ordinaria nin na modular presencial, agás no CS de SON DUAL INTENSIVA.

Tamén temos prazas no CE de Audiodescrición e Subtitulación e nalgúns módulos dos ciclos de Distancia (tanto en Realización coma en Son)

Matricúlate canto antes, porque as prazas se asignan por orde de chegada e a solicitude debe ser presencial (se non podes facelo persoalmente, podes autorizar a alguén para que o faga, cun documento asinado e copia do DOI). Primeiro prazo, ata o día 22 ás 13.00 (se continúa habendo vacantes, posteriormente abrirán un novo prazo). No caso de Dual Intensiva, o prazo é ata o día 31 de xullo.

No caso do CE de Audiodescrición e Subtitulación (Máster de FP), agora podes matricularte se tes calquera título de FP ou universitario, sempre que teñas o perfil axeitado (competencias básicas para poder facer o curso). Incluso podes facelo se tes pendente de realizar unicamente o Proxecto ou a FCT doutro ciclo superior (poderías solicitar a simultaneidade en setembro, para matricularte tamén da FCT ou do Proxecto do outro ciclo)

17/07/2024

Podes realizar a reserva ou matrícula vía web, sen necesidade de vir ao centro, seguindo as seguintes instrucións.

Se queres, tamén podes acudir ao centro para que che axudemos. Os horarios de todos os grupos publicaranse en setembro, pero agora xa podes consultar os horarios da oferta modular presencial. (pode haber algunha modificación nos horarios das titorías dos grupos de Distancia)

Lembra que debes matricularte ou anular agora, dentro do prazo da primeira adxudicación. Se non o fas, perderás o adxudicado!!! Se liberan prazas dalgún curso (por quedaren vacantes nesta 1ª adxudicación), publicarémolo nesta web, así como na de edu.xunta.gal.

26/04/2024

Lembrade que o prazo para inscribirse remata o vindeiro martes, 30 de abril, ás 13:00!!

Bota unha ollada ao calendario de admisión.

Máis info na convocatoria deste ano ou no Departamento de Información e Orientación Profesional

30/01/2024

Xa falta pouco para o noso concurso de bandas! Máis info en www.bateason.es

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.