Instrucións para solicitar o título (tras obter o apto na FCT e o aprobado no Proxecto)
Achéganse os modelo AI de Autoliquidación de Taxas para os títulos de técnico(grao medio), técnico superior e curso de especialización cos códigos e os importes que hai que pagar.
Pódese cubrir e pagar o importe correspondente a través da web da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), en TAXAS e PREZOS hai unha ligazón ao ModeloAI.Autoliquidaciondetaxas.
Unha vez efectuado o pagamento a alumna ou alumno deberá entregar no centro o xustificante de pago que pon EXEMPLAR PARA A ADMINISTRACIÓN xunto cunha fotocopia do DNI ou documento de identificación da alumna ou alumno. Esta mesma documentación tamén pode enviarse ESCANEADA ao correo electrónico eav.admon@gmail.com