A ubicación central de Vigo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal fai que o noso alumnado demande unha maior mobilidade xeográfica para realizar as súas prácticas laborais en empresas estranxeiras.
A relación do CIFP Audiovisual con Portugal empezou cos inicios do propio centro, coa participación anual dos nosos alumnos no festival “Olhares Frontais”, que se celebra en Viana do Castelo. Nesa cita os estudantes conviven durante unha fin de semana con outros das mesmas ramas de coñecemento doutros países europeos, intercambiando experiencias e proxectos audiovisuais.
Ademais, desde o ano 2007 enviáronse estudiantes a realizar estancias formativas no exterior (Colombia, Portugal ou Reino Unido).
A partir da concesión da Carta Erasmus ao centro no ano 2014, a participación en programas internacionais aumentou exponencialmente. Desde entonces, realizáronse máis de 50 mobilidades de alumnos en países europeos e máis de 20 mobilidades de profesorado.
Programas
ERASMUS+, Acción KA131-HED : Mobilidades para alumnado e profesorado
Cada curso académico ao redor de 10 alumnos/as do centro realizan o módulo de Formación en Centros del Traballo en empresas europeas do sector audiovisual e de espectáculos ao amparo do programa Erasmus+, Acción KA131-HED .
A finalidade deste programa é que o alumnado se adapte ás esixencias dun mercado laboral a escala comunitaria, adquirindo experiencia laboral ao tiempo que mellora a súa comprensión lingüística e cultural do país en cuestión.
En canto ao profesorado búscase promover a súa participación en programas de mobilidade contribuindo a coñecer os sistemas de FP en outros países da Unión Europea e logrando un intercambio de experiencias.
CARTES (Consorcio de Artes)
O CIFP Audiovisual de Vigo ofrece mobilidades para estudantes e profesores dentro do programa Erasmus+, acción KA121. O centro participa neste programa a través do Consorcio de Artes (CARTES), do que forma parte xunto con outros 23 centros de educación superior de toda España.
Un dos obxectivos do programa é implantar valores educativos para que se desenvolva un sistema no que se respecten as diferenzas e se comprendan os compañeiros. Promovense condutas tolerantes, a través da linguaxe AUDIOVISUAL, en todas as súas vertentes, dende a música, a imaxe, dende a multimedia ata a arte tradicional.
No marco deste programa, as actividades de intercambio realizáronse ca Universiteti i Arteve en Tirana (Albania), a Universidade de Pristina (Kosovo) e a Universidade Eduardo Mondlane en Maputo (Mozambique).
PRACTICUM DEPO
O CIFP Audiovisual de Vigo, con outros 31 centros da provincia de Pontevedra, adheriuse a un consorcio coordinado pola Deputación de Pontevedra para o envío de titulados dos Grados Medios de Formación Profesional. Os obxectivos deste programa son:
- Fortalecemento da educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa
- Ensinanza de aprendizaxe profesional e de linguas estraxeiras.
- Intercambio, cooperación e mobilidade entre os sistemas de educación e formación dos países que participan.
Web de Erasmus do Centro
Se queres coñecer experiencias doutros estudantes que participaron nestes programas non deixes de visitar a web de Erasmus do EAV
Coordinadora de programas internacionais
Irene Seara Oro
internacional.cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal
Teléfono (0034) 886 11 11 52