CONSORCIO CARTES Programa Erasmus + K107

18/11/2019

O Instituto Audiovisual de Vigo pertence a un Consorcio de Artes formado por outros centros de toda España. O seu obxectivo é o de unir forzas para buscar e chegar a acordos con organizaciónss de educación superior de distintos grupos de países: Asia en desenvolvemento, Balcáns, Albania, Camboia, Filipinas, Xordania, etc.

Este programa Erasmus+ ofrece a posibilidade para o profesorado e outro persoal, así como para os alumnos de ciclos superior, de realizar unha estancia de estudo no estranxeiro.

Convocatoria de mobilidades para persoal a Albania

Este ano hai concedidas dúas mobilidades para personal para viaxar a Albania do 24 ao 28 de febreiro de 2020.

Os criterios para la selección para os/as beneficiarios/as establecidos polo Consorcio de Artes  son:

-Relación entre a especialización do profesor e as  materias do centro de destino

-Liñas de traballo e de investigación afíns ao centro de destino

-Coñecemento da lingua de traballo

-Avaliación dun proxecto de traballo conxunto co centro de destino e de orixe. Deberán especificar: Título, Obxectivo principal, contidos, relacións cos produtos finais, retorno esperado e cómo se realizarán a difusión dos resultados.

-Outros criterios a seleccionar polo centro en función da súas necesidades e as características de las mobilidades dispoñibles.

Para máis información e inscripción enviar un email a international.eav@gmail.com 

Convocatoria de tres mobilidades para alumnos a Albania

Este ano hai concedidas tres mobilidades para viaxar a Albania no terceiro trimestre, durante 90 días.

Os criterios de selección  para os/as beneficiarios/as establecidos son:

– Nota media do primeiro curso: 50%

(Ante casos de alumnos candidatos que proveñan doutro ciclo formativo e acceden directamente a 2º curso, considerarase a nota media do ciclo que lles permite acceso directo).

– Valoración das competencias profesionais, sociais, personais e actitudinais: 20%.

– Nivel de Inglés: 30 %

Para máis información e inscripción enviar un email a international.eav@gmail.com