Instalacións

O centro está dividido en varias zonas. Na entrada, temos a conserxería, o despacho de administración e unha aula de estudio e outra de convivencia para o alumnado.

Na primeira planta están as oito aulas dos ciclos superiores, a sala de profesores, así como os despachos do equipo directivo e dos departamentos.

No baixo, están as aulas do Ciclo Medio de VDJ e os almacéns de Son e Imaxe.

Contamos cun estudo de postprodución, un estudo de gravación, un estudo de radio e once cabinas de edición de son.

Na zona de imaxe hai 11 cabinas de montaxe, unha aula de corrección de cor e un estudo fotográfico.

No que chamamos fase 2 está o plató de televisión, co seu control de realización, o plató virtual e o teatro (con case 300 butacas e unha zona de camerinos, almacéns de decorados e atrezzo)