Matrícula en Ordinario trala 2ªadxudicación (reserva online ou matrícula no centro)

20/07/2023

Lembra que DEBES MATRICULARTE OU RESERVAR se che concederon praza na adxudicación. Se non che concederon a túa primeira opción e estás en lista de espera, pero tes adxudicada a praza noutro ciclo, podes renunciar a ese ciclo que che adxudicaron pero asumes un risco en facelo, xa que pode que na 3ª adxudicación do 1 de setembro non obteñas praza en ningún ciclo.

Para matricularte no réxime ordinario, podes facelo presencialmente ou reservar na aplicación de ciclosadmision. Tes que facelo antes do luns, 31 de xullo, ás 13.00. En todo caso, será necesario achegar ao centro  o resgardo do pago do seguro escolar, no caso das persoas obrigadas ao seu pagamento (menores de 28) e este pode enviarse por mail (eav.admon@gmail.com). Tamén será necesario achegar 1 FOTO tamaño carnet e fotocopia do DNI ou NIE. Número de conta: ES33 2080 0572 5230 4000 1291 (1,12€)

Máis info sobre o procedemento aquí

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.