MATRÍCULA FCT/PROXECTO 2º TR (prazo en decembro)

21/12/2022

Se queredes realizar a FCT ou o Proxecto no 2º trimeste, agora é o momento de matricularvos. Seguide as seguintes instrucións:

  • Cubrir o Anexo IV correctamente. No réxime modular é moi importante poñer o requisito de acceso ao ciclo (marcar a titulación coa que accederon) e o código do ciclo formativo e asinar o impreso.
  • Efectuar o pagamento do seguro escolar (só menores de 28 anos).
  • Entregar a solicitude no instituto os días 21 ou 22 de decembro (en horario habitual) ou o 28 de decembro en horario de 10 a 13 horas ou enviala por correo electrónico a celiaduran@edu.xunta.gal ata o día 29 de decembro.