SE NON VOS MATRICULADES OU RESERVADES ANTES DO 31 DE XULLO (ás 13.00), PERDEDES O DEREITO !!!! (Tede coidado, pois xa ocorreu na 1ª adxudicación).
No caso de modular a distancia podes reservar módulos na aplicación de ciclosadmisión e non ter que asistir ao centro para matricularte. No caso de modular presencial, podes reservar, pero logo debes acudir ao centro. En todo caso, le atentamente como funciona a reserva, a continuación:
De entrada, debes reservar os módulos en ciclosadmision. Tes que ter en conta o seguinte, xa que pode que na 3ª adxudicación (1 de setembro), teñas a opción de matricularte de máis módulos se os solicitaches na admisión:
RESERVA DE MÓDULOS ATA A 3ª ADXUDICACIÓN (1 de setembro): os módulos que figuren reservados ao remate da 3ª adxudicación (do 2 ao 6 de setembro ás 13.00 horas) serán os módulos que finalmente figuren na matrícula. Polo tanto non é necesario realizar a matrícula dos módulos reservados ao remate da 3ª adxudicación. É moi importante que durante esta adxudicación o alumnado comprobe que ten reservados só os módulos que realmente desexa cursar.
Será necesario achegar ao centro o resgardo do pago do seguro escolar, no caso das persoas obrigadas ao seu pagamento (menores de 28) e este pode enviarse por mail (eav.admon@gmail.com). Tamén será necesario achegar fotocopia do DNI ou NIE e 1 FOTO tamaño carnet. Número de conta: ES33 2080 0572 5230 4000 1291 (1,12€)
Info máis detallada aquí