Historia

O CIFP Audiovisual de Vigo nace en 2005 coa intención de converterse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia

Vinte anos facendo camiño formando a técnicos do sector audiovisual e de espectáculos

2005

O CIFP Audiovisual de Vigo nace, como IES, coa intención de convertirse nun centro de referencia audiovisual no sur de Galicia.
Inagurouse o edificio en novembro de 2005 despois de acometer unha reforma integral na edificación inicial.

Curso 2005/2006

Inaugurase ofertando o Ciclo Superior de Son para audiovisuais e espectáculos na modalidad ordinaria, con 22 alumnos.

Curso 2006/2007

Amplíase a oferta educativa coa incorporación do Ciclo Superior de Produción en Audiovisuais, radio e espectáculos.

Curso 2012/2013

O CS de Realización de proxectos audiovisuais na modalidade modular inclúese na oferta do centro.

Curso 2013/2014

O IES Audiovisual de Vigo é o primeiro centro público galego que oferta o CM de Videodisc-jockey e Son. E o primeiro en España que oferta o CS de Son para Audiovisuais na modalidade de distancia. Durante ese curso concédeselle ao centro a Carta Erasmus: “Erasmus Charter for Higher Education 2014-2020”.

Curso 2014/2015

O CS de Realización de proxectos audiovisuais tamén se oferta en réxime ordinario

Curso 2015/2016

Incórporase á oferta formativa o CS de Iluminación, Captación e tratamento de Imaxe en réxime ordinario.

Curso 2021/2022

Incorpórase á oferta formativa o CS de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe en réxime modular. Deste xeito, o centro ofrece todos os Ciclos Superiores nos dous réximes.
Ofértase por primeira vez en Galicia o único Máster de FP da nosa familia profesional: o CE en Audiodescrición e Subtitulación

Curso 2023/2024

Incorpórase á oferta formativa o CS de Animación 3D, xogos e contornos interactivos. 
Increméntase a oferta parcial de módulos para adultos nos 3 Ciclos Superiores presenciais e ofértase por primeira vez o CS de Realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos na modalidade a distancia.
O centro transfórmase no CIFP Audiovisual de Vigo, converténdose no centro de referencia de Galicia no sector audiovisual, sendo o único que conta coa oferta formativa completa da familia profesional de de Imaxe e Son.

Actualidade

O centro, xa como CIFP Audiovisual de Vigo, conta con máis de 400 estudiantes matriculados e cun cupo de 38 docentes. O único centro de Galicia con toda a oferta formativa da familia de Imaxe e Son

Galería de fotos