Oferta formativa

Pódense cursar os distintos ciclos formativos en réxime ordinario, modular, a distancia e dual

O CIFP Audiovisual de Vigo (EAV) é un centro de formación profesional dependiente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Na EAV o ensino é público e gratuíto e é o único de Galicia con toda o oferta formativa da familia de Imaxe e Son (todos os ciclos e tamén o máster de FP)

É un dos dous institutos galegos públicos adicados exclusivamente ás ensinanzas de FP da familia de Imaxe e Son. Neste centro fórmanse a profesionais do sector audiovisual galego e español, nas ramas de Son, Produción, Realización, Imaxe, Animación 3D e tamén VídeoDJ.

Máster de FP / Curso de Especialización- Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación (único centro público en Galicia que oferta o único máster de FP da familia de Imaxe e Son).

CM Vídeo disc-jockey

Ciclo Medio. Réxime ordinario matutino e vespertino

As persoas que obteñan o título de técnico en Vídeo Disc-jockey e Son exercen a súa actividade no ámbito do son en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe e de sonorización, produtoras de espectáculos e empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais (desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras,…)

CS Iluminación, captación e tratamento de Imaxe

Ciclo Superior. Réxime ordinario

O  título de técnico superior en iluminación, captación e tratamento de imaxe permite exercer a actividade laboral no ámbito da captación, do rexistro de imaxes e da iluminación en produtoras de cine e vídeo e en emisoras de televisión. Tamén se pode traballar en empresas adicadas á iluminación de espectáculos e eventos e en empresas dedicadas á elaboración, á xeración e ao tratamento dixital de imaxes fotográficas.

CS Produción de audiovisuais e espectáculos

Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular

As persoas que obteñan o título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos poden exercer a súa actividade laboral no sector da produción de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como na produción de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

CS Realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos

Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular

O título de técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos permite exercer a súa actividade laboral no campo da realización de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios), así como na realización de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

CS Son para audiovisuais e espectáculos

Ciclo Superior. Réxime ordinario e modular a distancia.

As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade no sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Ciclo Superior. Réxime ordinario

O título de Técnico Superior de animacións 3D, xogos e contornos interactivos permite exercer a actividade laboral como animador/a 3D e 2D,  intercalador/a, modelador/a 3D, grafista dixital, xerador de espazos virtuais, técnico/a de efectos especiais 3D, integrador/a multimedia audiovisual, desenvolvedor/a de aplicacións e produtos audiovisuais multimedia, editor/a de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos, técnico/a en sistemas e realización en multimedia.