É unha modalidade de formación profesional que combina a formación académica no centro educativo coa actividade laboral nunha empresa.
Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral. Todo o alumnado se forma dende 1 º curso na modalidade dual, alternando a formación no centro educativo e na empresa nos dous cursos do ciclo.
Selección de empresas
Unha vez coñecida a listaxe definitiva de solicitantes, o centro establecerá un procedemento de selección que incluirá entrevistas cos solicitantes e onde as empresas colaboradoras terán un papel protagonista na selección do alumnado que se formará nos seus centros de traballo.
Algunha das empresas que van participar neste novo proxecto son Global Setup, Goyplason, Imaxson, Froq Eventos, X-Quatro, Soundhouse, Lyrasound…
Duración do ciclo
O ciclo formativo de FP DUAL do CIFP Audiovisual de Vigo ten unha duración de 2.106 horas, divididas en dous cursos académicos. O título que se obtén é o de TÉCNICO SUPERIOR.
Módulos do Ciclo Superior de Son para audiovisuais e espectáculos
Módulos | Curso | Nº de horas |
---|---|---|
Lingua estranxeira profesional I | 1ª | 53h |
Instalacións de son | 1º | 213h |
Planificación de proxectos de son | 1º | 107h |
Son para audiovisuais | 1º | 267h |
Comunicación e expresión sonora | 1º | 133h |
Electroacústica | 1º | 133h |
Formación e orientación laboral | 1º | 107h |
Lingua estranxeira profesional II | 2º | 53h |
Axustes de sistemas de sonorización | 2º | 87h |
Control de son en directo | 2º | 140h |
Gravación en estudio | 2º | 175h |
Posprodución de son | 2º | 175h |
Empresa e iniciativa emprendedora | 2º | 53h |
Proxecto de realización de son para audiovisuais e espectáculos | 2º | 26h |
Planificación
O plan formativo do Ciclo Superior de Son para audiovisuais e espectáculos na modalidade de dual contempla que:
CURSO 2024/2025 | CURSO 2025/2026 | |
---|---|---|
FORMACIÓN NO CENTRO EDUCATIVO | setembro – abril | setembro – marzo |
FORMACIÓN NA EMPRESA | abril – agosto | marzo – agosto |
Durante o período que o alumnado permaneza na empresa percibirá unha retribución de 600 euros mensuais, e será dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social.