Plan Proxecta+

O CIFP Audiovisual de Vigo participa no Plan Proxecta+ da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, un plan transversal no que alumnado de distintas especialidades de Imaxe e Son fan un traballo dinámico e cooperativo utilizando as distintas linguaxes e técnicas audiovisuais para poñer en valor a lingua galega aplicada ao ámbito profesional dunha forma directa e sinxela.

Pensas que o galego non ten os suficientes recursos lingüísticos para chamarlle ás cousas polo seu nome?

No canal de YouTube do centro – https://www.youtube.com/@CIFPAudiovisualVigo – verás que moitos aparellos e termos da linguaxe especializada do audiovisual son incluso máis doados de pronunciar en galego que en inglés:

Como se chama ese chintófano?

ZUNIDO

ORZAMENTO

ALTOFALANTE

LIGAZÓN

DESAPARAFUSADOR

ABRAZADEIRA

LUZ CHAVE

LÁMPADA E LUZ DE RECHEO

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.