Prácticas interciclos

Formamos a partir de prácticas reais en equipos multidisciplinares simulando o sector profesional

As prácticas interciclos é un proxecto global de educación formal interdisciplinar en Formación Profesional, concretamente na familia de Imaxe e Son. Estas teñen lugar dentro e fóra do centro, e desenvolvense ao longo do curso, cun calendario previamente establecido polo departamento de Comunicación. Nas mesmas participan todos os alumnos e docentes do centro, coa excepción obvia dos alumnos do CS Son a distancia. Para o desenvolvemento dos proxectos empréganse metodoloxías activas como: Aprendizaxe Cooperativo, Aprendizaxe por proxectos, Investigación- Indagación e Acción-Reflexión.

Estas prácticas están deseñadas pola comisión pedagóxica en colaboración co departamento de Imaxe e Son, que é quen se encargada da organización e coordinación. O que se intentan é reproducir o máis fielmente o entorno profesional no que o alumno desenvolverá a súa labor nun futuro próximo, facilitándolle desta maneira a solución a problemas que se lle poderían formular na súa vida profesional.

As prácticas interciclos recóllense no PEC, proxecto educativo do centro, e son aprobadas nos órganos de representación: claustro, consello escolar e departamento de Comunicación.