PRAZAS LIBERADAS: oferta modular, distancia e Máster de FP en Audiodescrición e Subtitulación

02/09/2025

MODULAR PRESENCIAL E DISTANCIA:

Aínda temos vacantes na maioría dos módulos da oferta modular tanto presencial como a distancia, aínda que cada día vanse agotando, xa que se adxudican por orde de solicitude. Debes acudir ao centro a entregar a túa solicitude.

MÁSTER DE FP / C.E. EN AUDIODESCRICIÓN E SUBTITULACIÓN:

Non perdas a oportunidade de matricularte no único Máster de FP da familia profesional de Imaxe e Son!!

Somos o único centro de Galicia que o oferta! Agora podes facelo se tes calquera dos títulos superiores de Imaxe e Son e tamén desde ciclos doutras familias. Incluso podes matricularte no Máster aínda que non remataras o ciclo superior por estar pendente de superar a FCT e/ou o Proxecto. Podes facelo de forma simultánea. Este curso comeza a mediados de outubro. Máis info aquí

Cubre a solicitude e entrégaa no centro . As prazas adxudícanse por orde de entrada. Tamén podes enviala a este correo en caso de que non poidas acudir ao centro: administracion.cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.