Prazas Liberadas!! (prazo ata o 31 xullo, 13.00)

24/07/2024

Nova publicación de prazas liberadas!

No caso do noso centro, NON hai vacantes na oferta ordinaria, pero si no CS de SON DUAL INTENSIVA.

Si temos prazas nalgúns módulos dos ciclos de Modular Distancia (tanto en Realización coma en Son), así como nos tres ciclos de Modular Presencial (estaban adxudicadas todas, pero houbo quen non reservou nin se matriculou, polo que se liberaron esas prazas). Hai poucas vacantes en modular presencial e se asignarán por orde de chegada ao centro.

Matricúlate canto antes, porque as prazas se asignan por orde de chegada e a solicitude debe ser presencial (se non podes facelo persoalmente, podes autorizar a alguén para que o faga, cun documento asinado e copia do DOI). Prazo ata o 31 de xullo, ás 13.00.

Tamén hai vacantes no CE de Audiodescrición e Subtitulación (Máster de FP): agora podes matricularte se tes calquera título de FP ou universitario, sempre que teñas o perfil axeitado (competencias básicas para poder facer o curso). Incluso podes facelo se tes pendente de realizar unicamente o Proxecto ou a FCT doutro ciclo superior (poderías solicitar a simultaneidade en setembro, para matricularte tamén da FCT ou do Proxecto do outro ciclo)

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.