Acaba de publicarse a oferta de prazas liberadas (vacantes nas que te podes matricular agora directamente). Toda a info neste enlace
No caso do noso centro, NON hai vacantes na oferta ordinaria nin na modular presencial, agás no CS de SON DUAL INTENSIVA.
Tamén temos prazas no CE de Audiodescrición e Subtitulación e nalgúns módulos dos ciclos de Distancia (tanto en Realización coma en Son)
Matricúlate canto antes, porque as prazas se asignan por orde de chegada e a solicitude debe ser presencial (se non podes facelo persoalmente, podes autorizar a alguén para que o faga, cun documento asinado e copia do DOI). Primeiro prazo, ata o día 22 ás 13.00 (se continúa habendo vacantes, posteriormente abrirán un novo prazo). No caso de Dual Intensiva, o prazo é ata o día 31 de xullo.
No caso do CE de Audiodescrición e Subtitulación (Máster de FP), agora podes matricularte se tes calquera título de FP ou universitario, sempre que teñas o perfil axeitado (competencias básicas para poder facer o curso). Incluso podes facelo se tes pendente de realizar unicamente o Proxecto ou a FCT doutro ciclo superior (poderías solicitar a simultaneidade en setembro, para matricularte tamén da FCT ou do Proxecto do outro ciclo)