Non perdas a oportunidade de matricularte no único Máster de FP da familia profesional de Imaxe e Son. Somos o único centro de Galicia que o oferta! Agora podes facelo se tes calquera dos títulos superiores de Imaxe e Son e tamén desde ciclos doutras familias. Incluso podes matricularte no Máster aínda que non remataras o ciclo superior por estar pendente de superar a FCT e/ou o Proxecto. Podes facelo de forma simultánea. Máis info aquí
Cubre a solicitude e entrégaa no centro (antes do 31 de xullo ás 13.00). As prazas adxudícanse por orde de entrada. Tamén podes enviala a este correo en caso de que non poidas acudir ao centro: administracion.cifp.audiovisual.vigo@edu.xunta.gal
