O IES Audiovisual de Vigo, nos últimos anos, veu recoñecidas as súas innovadoras metodoloxías de traballo e a labor docente do seu profesorado con diversos premios por parte de institucións educativas.
Os proxectos educativos galardoados fomentan a participación activa do alumnado na súa propia experiencia de aprendizaxe e na consecución dunha cidadanía solidaria e comprometida coa sociedade.
Premio
Premio Nacional de Boas Prácticas na categoría á mellora do éxito educativo
Polo proxecto “Unha boa práctica de cine”. Convocatoria 2018.
Premio
Premio Nacional de Educación á Inclusión de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais
Polo proxecto “Festival de cine Inclusivo Consentido”. Convocatoria 2017.
Premio
Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer
Polo “Concerto Sentido Emocional” realizado conxuntamente co IES de Chapela. Convocatoria 2015.
Premio
Premio Nacional Francisco Giner de los Ríos
Polo proxecto
“S.I.R.A (Sistema Integral de Rexiduría na Aula)”. Convocatoria 2019.
Premios extraordinarios
Entre o noso alumnado figuran estudantes que acadaron o galardón de Premio Extraordinario da familia profesional de Imaxe e Son. Estes premios recoñecen publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou con un excelente resultado académico estudios de FP en Galicia.
Cursou o CS de Son para Audiovisuais no noso centro no 2014-15.
Cursou o CS de Produción de Proxectos Audiovisuais e Escénicos no noso centro no 2017-18.