Algúns dos traballos realizados polo alumnado no marco das actividades docentes foron seleccionados e galardoados en diversos festivais do sector audiovisual, tanto galegos como do resto da península. Todos eles son froito do traballo e o esforzo grupal, xa que desde o centro preténdese que o alumno/a introdúzase en dinámicas de produción onde o que interesa é a obtención dun produto final completo.
Dan Grigore reflexiona en primeira persoa sobre a súa etapa depresiva vivida en 2019 desde a visión actual despois de superala, explicando e indagando tanto nas partes visibles como nas máis íntimas e escondidas do trastorno.
Catro protagonistas de distintos países reúnense coa intención de compartir e lembrar todas aquelas experiencias que atravesaron e atravesan como inmigrantes radicados en Galicia. Entre xantar e anécdotas, cada un conta a súa historia.
As IAs están cada vez máis presentes na sociedade, supoñendo unha revolución no xeito de interaccionar. No campo artístico, permite a reflexión de se o ser humano verase superardo polas máquinas na creación artística.
Da European relata a traxectoria dun grupo de xoves bailaríns de danza urbana e como estes chegaron a gañar o campeonato Europeo.
Entre finais dos anos 40 e principios dos 50, a Raia converteuse nun lugar de contrabando de produtos básicos, como o café, o azucre e o aceite entre o Norte de Portugal e o Sur de Galicia. Hoxe en día os nosos avós seguen lembrando aqueles tempos nos que o estraperlo era a única alternativa laboral á fame.
Christian e Mega-i contan cómo evolucionou a escena drag nos últimos anos. A través das súas experiencias, desafíos e logros, reflicten a importancia do arte drag como forma de expresión e empoderamento para a comunidade LGTBQ.
Andrea, unha moza galega con orixes xamaicanas sae do interior de Galiza e móvese a Vigo. Alí atópase desubicada e extraña, xa que moi pouca xente fala galego e se expresa coma no seu pobo. Percorrendo Vigo, atopa rastros da Galiza que ama, vendo cómo unha pulpeira corta o pulpo, como se fai na feira do seu pobo; unha gaiteira tocando no medio da rúa, etc.
O mariño mercante, Miguel Font Rosell, testemuña directa da traxedia do petroleiro noruegués Polycommander, relata os feitos daquel 5 de maio de 1970, enchendo os baleiros e confeccionando, de xeito detallado, a tráxica historia da vertedura de 15.000 toneladas de cru na ría de Vigo
Apertura de Negro: un pequeno estudio en Vigo enchese de luz mentras a vista mergullase en diferentes elementos: po, follas, bolsa…Saíndo do pintor Din Matamoro está a súa figuración.
Berto é un mozo vigués que practica catro disciplinas diferentes de deportes de contacto e que aspira ao seu primeiro título de Kick Boxing profesional de España.
Ao Marbel, un barco conxelador, se lle avaría o motor, sendo arrastrado ata chocar coas Illas Cíes e afundirse, levando consigo 27 vidas. Aínda que pasaron 40 anos, un 27 de xaneiro de 1978, segue moi presente en moitos fogares.
Alumnos do colexio Vista Alegre de Vigo volvían, o 10 de abril de 1979, dunha excursión a Madrid, cando nunha ponte sobre o Río Órbigo, en Santa Cristina de la Polvorosa, sufriron un accidente. Só 9 nenos e un soldado sobreviviron. Diferentes persoas cóntannos como foron os días posteriores e como se lembra actualmente.
Pedro está a preparar unha cea romántica para saber se Raquel está interesada nel. Amigos e familiares do mozo preocúpanse da velada dunha maneira especial. A cita empeza con bo pé ata que se vai a luz.
Despois dunha noite de festa, Karen, unha estudante universitaria, descobre que ten un estraño proído que poñerá ao descuberto un macabro secreto que reúne morte e sexo.
O Lobo vive so nos bosques. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa moza filla dun rico terrateniente. O que parece unha relación soñada, vai converterse para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais..
Antón é un músico de rock obsesionado coa idea de formar parte do club dos 27. O tempo esgótase, nuns días cumprirá 28. Un revés precipitará os acontecementos.