Viveiro de empresas

Espazo de apoio á creatividade e ao emprendemento no sector audiovisual. Ofrecemos recursos, asesoramento e infraestrutura para impulsar proxectos innovadores e fomentar o talento local. Unha oportunidade para facer realidade as túas ideas!

DEPARTAMENTO DE FOL

Luns Martes Mércores Xoves
11:30 a 12:00 10:30 a 12:00 11:30 a 12:00 11:30 a 12:00

Proxectos que actualmente empregan as instalacións do Viveiro de Empresas do CIFP Audiovisual de Vigo

Produción, realización e edición de vídeos promocionais para empresas u organizadoras de eventos para o seu uso en redes socais, webs e finalidade publicitaria en xeral. Tamén a produción, realización e edición de obras audiovisuais orixinais cuxa finalidade é
a súa distribución comercial.

O obxectivo de LUAR-T TEATRO TÍTERES será crear, difundir e promover espectáculos e audiovisuais de teatro e títeres, atendendo á enorme demanda, sobre todo do público infantil, sen deixar de lado a mozos e adultos. Do mesmo xeito, permitiría convocatorias abertas, tanto para dramaturgos como para elencos artísticos, para a creación de espectáculos, xerando un tecido de emprego no movemento artístico especializado de Galicia.

Publicidade audiovisual para marcas, eventos e empresas, spots e anuncios publicitarios para RRSS e TV. Produción cinematográfica para festivais de cine en Galicia. Producción de videoclips.

SITIOS WEB DE INTERESE

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.